LOUBAND
Charanga
Charanga
Historia
Louband é un grupo que leva traballando dende o ano 2017 e que responde ao formato de "Street Band" ou banda de rúa. A idea xorde de levar o son e a música propios dun escenario á proximidade que caracteriza aos espectáculos na rúa.

Formado por oito imparables músicos (percusión, baixo, guitarra, teclado, trombón, saxofóns e técnico de son) acompáñanse dun pequeno escenario móbil que lles aporta todo o que precisan para levar a cabo espectáculos en formato eléctrico en calquera punto así como pasarúas ou tocar en movemento.

Na súa traxectoria teñen percorrido xa todo Galicia, León, Asturias, Madrid e norte de Portugal, deixando sempre unha pegada de satisfación nos eventos nos que teñen estado.

No seu repertorio podemos atopar grandes clásicos da música nacional e internacional, destacando o persoal estilo dos seus arranxos, sendo as voces e os ventos os protagonistas.

Destacan pola súa versatilidade e capacidade de adaptación a cada festa e cada público; un grupo que non deixa a ninguén indiferente e que anima sempre a bailar.

Somos Louband.
Vémonos nas festas!