Portada de Santa Compaña
Charanga

Santa Compaña

A Coruña Desde 2014 5 componentes

Actividad de Santa Compaña

1 Este mes
0 Mes anterior
3 Este año
15 Año anterior

Número de componentes

5

La historia de Santa Compaña

En setembro de 2014, un grupo de estudantes do mundo da música procedentes de conservatorios profesionais e superior, deciden xuntarse e crear a "Charanga Santa Compaña".

A idea xurdiu das inquedanzas musicais dos seus membros que buscaban crear unha agrupación na que puideran tocar dende pasodobres ata cancións actuais e modernas con arranxos propios, pasando polos clásicos da verbena galega como rancheiras, cumbias, merengues... e sempre ca idea de facer festa alí a onde foran.

Unha das súas premisas iniciais foi a de manter sempre un alto nivel de calidade musical nas actuacións ca filosofía de que, a agrupación de charanga, é parte esencial da verbena galega e das festas da nosa terra, e polo tanto, debe estar ao nivel que esta se merece. Por esta razón, buscan as mellores cancións e cos mellores arranxos (a maioría deles propios) para poder ofrecer diversión e calidade a partes iguais.

As ganas de facer chegar a súa música e alegría a tódolos rincóns da nosa xeografía, está patente no seu berro de guerra: "Somos a Santa Compaña, vente con nós!"

Últimas publicaciones

Ver más →

Información de Santa Compaña

Fundación
2014
Provincia
A Coruña
Email
charangasantacompana@gmail.com
Web
santacompanacharanga.wixsite.com/santacompanacharanga

Santa Compaña en redes sociales

Santa Compaña en el ranking

Puesto actual Sin datos
Mejor puesto #3 FEB 2023