ARUME
Solista
Solista
Historia
Despois dun tempo de descanso, chegou a hora de que Arume volte os escenarios, pero esta vez despois de anos como dúo, nesta ocasión será en formato solista.

As señas de identidade seguiran sendo as mesmas cas de toda a súa traxectoria musical , sendo a parte instrumental sempre en directo como era no duo , e dicir, sen pistas pregrabadas aproveitando o máximo a tecnoloxia pero para tocar e cantar en vivo e sen máis axuda que os sonidos dos teclados e un portatil, cargado tamen de sonidos que serán tocados en directo dende os mesmos teclados, e unha caixa de ritmos con loops de bateria e percusión en tempo real, e por suposto o saber facer que proporciona unha amplia experiencia nas verbenas dende hai case 30 anos.

Dispón cun amplo repertorio con variedade de estilos de calidade e por suposto sen olvidar as nosas raices con música tamén en galego para axustarse o desexado en cada celebración ou evento por toda Galicia, Asturias e o resto do territorio nacional.

Isto e Arume con Pablo o frente con música do máis variado e en directo, tanto a parte instrumental como a voz e con equipos de son para cubrir calqueira recinto por grande que sexa.

Se desexa poñerse en contacto para as súas festas, chame o 636236482.