Éxito total de acollida na verbena ante a proposta de La Oca Band con 'A Historia da Verbena'

Noticia
LA OCABAND 05/06/2025 16:05

Un dos obxectivos fundamentais desta actuación é facer un chamemento de alertas todas as comisions, xente das verbenas e todos os seguidores das verbenas populares galegas ante o decaemento das festas verbenas populares nos últimos tempos.

Así mesmo, trátase de poñer en valor a calidade artística das orquestras galegas, que cada ano seguen apostando por un modelo de traballo único en todo o mundo.

"De noite soñei",  o tema principal do musical composto por La Ocaband, será o fío conductor desta actuación, onde a colaboración de compoñentes de máis de 50 orquestras intereprerarán conxuntamente este tema para conseguir un escenario de irmandade e unión neste día tan especial.